Campionato de España de Triatlón Sprint e Acuatlón 2015
Celebráronse esta fin de semana en Pontevedra, cunha calor abafante, tanto o Campionato de España de Triatlón (sábado) coma o Campionato de España de Acuatlón (domingo). O Club Atletismo Porriño estaba representado na categoría cadete feminina por Iria Rodríguez Huertas, e na categoría elite feminina por María Martínez González e en grupos de edad Diego Pereiro Alonso no triatlón e por Sandra Sobreira Otero no acuatlón.
En canto a Iria, a pesares de comezar os adestramentos a finais de febreiro, unha vez superadas as diferentes molestias que viña arrastrando, e non estar aínda ó 100%, o seu espírito de loitadora, a calidade que atesoura e o gran traballo de Dani bastáronlle para ser competitiva.
O sábado tocaba triatlón: 750 m de natación, 10,2 Km de bicicleta e 2,5 Km de carreira a pé. A natación foi algo máis frouxa do agardado, quizáis pola posición de saída, por non quecer axeitadamente ou pola dificultade de nadar con case cen triatletas ó seu carón. Saliu na posición 19. Non fixo unha mala transición, e na bicicleta foi de menos a máis, mellorando desde logo con respecto ó Triatlón de Porriño. Foi a duodécima neste segmento. E chegou a carreira a pé: aquí foi a mellor, adiantando triatleta tras triatleta ata chegar á cuarta posición final, a menos de 20 segundos da terceira e a 1:34 da primeira. Unha mágoa que non durase un pouquichiño máis a carreira a pé.
E sen tempo case para desfrutalo, o domingo chegou o acuatlón: 500 m de natación e 2,5 Km de carreira a pé. Desta volta o quecemento xa foi o apropiado, e notouse a melloría na natación, saíndo na posición duodécima da auga, a 35 segundos da cabeza. Na carreira a pé saíuse novamente, sendo a primeira neste sector e mellorando en 28 segundos o tempo do día anterior, o que lle permitiu chegar ata a terceira posición global, a 21 segundos da primeira clasificada. Queda moito por facer para que chegue ó seu nivel, sen dúbida, pero o seu esforzo e adicación, a dirección técnica de Dani, a axuda de Fonsete e Víctor e os ánimos de todos os que adestran a diario con ela conseguiron este éxito con tan pouco tempo de preparación.
Na categoría de grupos de edad de 30-34 participou Diego Pereiro Alonso rematando 31º na categoría.
Xa na categoría elite feminina do triatlón distancia sprint (750 metros de natación, 20 Kilómetros de bicicleta e 5 Km de carreira a pé), a nosa representante, María Martínez fixo 26 natación, 26 bicicleta e 47 carreira a pé, para un total de 1:12:01, a 8:02 da gañadora. María marcou un sector de auga con boas sensacións no seu ritmo de nado e unha boa transición na zona de boxes, este feito fixo que puidese facer un sector de bicicleta nun grupo que circulaba cun bo ritmo volta tras volta. Foi na carreira a pé cando tocoulle sufrir moito, pois a forte calor da tarde e a fatiga dos dous primeiros sectores, xunto cunha ferida nun dedo do pé fixeron interminable o derradeiro sector. Isto dálle máis valor a súa participación neste campionato sprint de triatlón. A súaa ledicia na meta era moita polo traballo ben feito.
E no campionato de España de acuatlón categoría elite feiminina, a nosa representante Sandra Sobreira Otero, á quen felicitamos porque ó día seguinte, luns, estaba de cumpreanos, fixo unha proba moi regular: unha natación de 1000 metros na que saíu da agua no posto 33, cun tempo de 16:32, e unha carreira a pé de 5 Km en 23:03, a trixesimoprimeira, para acadar unha meritoria trixesimoterceira posición final, a 7:05 da primeira clasificada.
Noraboa ás tres triatletas: mulleres ó poder.
Crónica e fotos: José A. Rodríguez e Daniel Mouriño