CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA 2013

CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA 2013

Xa temos a lista definitiva dos valentes que van representar o club no campionato galego de media distancia que se vai disputar entre os concellos de Castrelo de Miño, Leiro e Avion o dia 12 de maio de 2013.

Esta proba e das máis duras do panorama nacional. A proba de ciclismo preséntase moi dura polo desnivel positivo acumulado non sector (dous portos de 1ª categoria, con ramplas do 18%). En natación faise unha distancia de 1900 mtrs. no encoro de Castrelo de Miño. Remátase coa carreira a pé de 21 km. ,tamén en Castrelo de Miño.

O slogan dá proba é “mais que un triatlón de media distancia é un desafio“, causa principal da participacion dos trialetas do club.

Algúns repiten experiencia, coma José Carlos Gago e Miguel Fernández. Outros xa fixeron MD pero non con este desnivel acumulado, como Enrique Morán. Quedan os que o van tentar por primeira vez, Michi, Sevi,Manuel Salgueiro e Victor Mouriño.

O club e o seu adestrador ultimarán a preparación para este reto.

Desexámoslle sorte para alcanzar as súas metas persoais.

Máis info eiquí.

Share this post