CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESTRADA 2014

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESTRADA 2014

Chegaba a cita grande do duatlón galego, e con ela chegaba o fin do circuito galego de duatlón de estrada. Se ben, constanos que quedan probas durante este ano de duatlón, pero son todas de carácter popular, fora do circuito.

Sergio,Berto,Maria,Isma e Brais antes da proba

O noso club conseguía clasificar ata 4 “Trileros” na categoría masculina e 2 “Trileras” na categoría feminina. Nesta última, non participaba Sandra Sobreira, ainda que sí o facía María Martínez. Na masculina participaron Brais Misa, Ismael Lago, Alberto Domínguez e Sergio González quen participaba gracias a unha invitación da federación, o que supoñía o seu debut na especialidade, ainda que conta cunha brillante traxectoria no atletismo en 800 e 1500 mts. Non participaba Diego Salgueiriño, que sí estaba clasificado, pero tiña compromisos persoais que lle impidiron tomar parte na proba.

Antes da proba raiña, disputábase a proba popular, na que participaba o noso “trilero” máis veteran, José Manuel Caramés, rematando a proba no posto 64º, un posto máis que meritorio para este incombustible “trilero”.

Carames no sector da bici

Ás 17:58, dous minutos antes do establecido (isto si que é puntualidade) dábase saída á categoría feminina, na que se atopaba María Martínez, amosando a boa progresión que está a ter na carreira a pé. Chegando á T1, María saía preto da cabeza de carreira nun  grupo perseguidor, ainda que a falta de rodaxe en bicicleta fíxolle perder algunha posición que tivo que recuperar na carreira a pé, rematando cuarta clasificada na proba absoluta. No campionato Galego  remataría 3ª clasificada, posto que a segunda clasificada, non era galega e non optaba á clasificación.

Ás 18:30 dábase saída á categoría masculina. Chegando á T1, Brais Misa mantiña  boas opcións de podio; un pouquiño máis atrás Isma Lago e Sergio González, marchaban nun grupo intermedio e máis atrás Alberto Domínguez loitando por non perder a comba do seu grupo.

O sector de bici, bastante duro cunha rampa de 500 metros ó 10% ata o monte do Gozo, faría estragos en moitos participantes, afectando ós que tiñan pouca rodaxe ou ben ós que a subida non é o seu forte. As nosas esperanzas de podio, perdíanse no cambio electrónico da bicicleta de Brais Misa. Unha avaría obrigouno a retirarse da proba cando marchaba en postos de cabeza. Boas actuacións de Isma Lago, Alberto Domínguez e Sergio González, na súa primeira participación.

 

Noraboa Trileiros!!!! e a seguir disfrutando do sufrimento.

Fotografías: Asun e Doris

Share this post