Author - Club Atletismo Porriño

Conferencia deportiva de Daniel Mouriño no Centro Cultural Municipal do Porriño

Os datos nas últimas Enquisas Nacionais de Saúde, mostran que preto do 80% da poboación non realiza a actividade física aconsellada para manter a saúde. Na infancia e na xuventude, as persoas son máis activas, sen embargo hai unha porcentaxe elevada delas que non alcanza os niveis adecuados. A escasa actividade física nestas etapas, non só é perigosa para...

Qué #Escusa tes para non vir a adestrar connosco este ano?

Si queres vir a adestrar connosco unha tempada completa polo morro, podes sumarte á campaña #EscusasAtletismoPorriño iniciada polo Club Atletismo Porriño. En qué consiste?. Tedes que enviarnos un vídeo co asunto #EscusasAtletismoPorriño ó noso email atletismo(arroba)atletismopor.com ou ben ó noso messenger de Facebook coa escusa que poñedes para non vir (ou vir) a adestrar connosco. Publicaremos tódalas escusas que nos vaian chegando...

Gran papel do Club Atletismo Porriño na V Maratón da Coruña

O pasado domingo 17 de abril tivo lugar na cidade herculina o campionato galego de maratón, e nel participaron numerosos atletas do club (e arredores). Paralelamente, desenvolveuse a proba de 10 km, na que tamén houbo representación da Louriña, grazas a Mónica e Sandra... A mañá presentábase sorprendentemente despexada (logo dos prognósticos da semana e da chuvia do sábado, que non...

Agradecementos da XI Carreira Xóvenes Atletas

Queremos agradecer enormemente ó traballo desinteresado de toda a xente do noso club, que unha vez máis, pegáronse un madrugón de mil demonios para estar ó pé do canón a cooperar. Así da gusto!. Non menos agradecementos merecen xs nosxs patrocinadores. Sin eles, non sería posible entregar algo de avituallamento para xs nenxs, nin uns premios tan chulos!. Supermercados...

Iria Rodríguez Huertas subcampioa galega de 800 ml en Pista Cuberta

Celebrouse na fría mañá do sábado, en A Coruña, nas pistas de Riazor, o Campionato galego Xuvenil en Pista Cuberta, agás probas de 1500 e 3000 ml.. Iria Rodríguez Huertas participou na proba de 800 ml, e nunha moi disputada carreira, logrou acadar a segunda posición, xusto por detrás da favorita e medallista de España Elba Vélez. Iria fixo un...

Cea de Nadal 2015

O 12 de decembro, celebramos unha das competicións máis caralludas do ano. Marchamos de Cea de Nadal!. Ás 20:15, previo á proba e como ven sendo habitual estes últimos anos, estivemos hidratándonos cunhas cañas no Bar 55, comezando así, unha das noites máis esperadas pola xente do Club Atletismo Porriño.. Por primeira vez, acompañounos Pedriño!.

Carreira de San Bartolomé en Tui.

O sábado 22, retomábase despois de 28 anos a carreira de San Bartolomé en Tui. Achegábanse ata alí unhas 400 persoas con ganas de pasar unha mañán de Sábado divertida facendo algo de deporte. O ambiente de festa, os inchables para os mais cativos e a moi boa organización fixeron que iso fose posible. Diante da capela instaláronse os arcos de...

O Atletismo Porriño no Embrunman 2015

O mércores partían cara Marsella nove compañeiros do club. Oito deles, van participar no mítico Embrunman o vindeiro sábado 12 de agosto. Trátase dun dos triatlóns de longa distancia máis duros do mundo que se disputa nos Altos Alpes franceses, en torno á vila de Embrun. Na proba terán que nadar 3.800 metros, percorrer 188 km. en bicicleta, incluída a...

Campionato de España de Triatlón Sprint e Acuatlón 2015

Celebráronse esta fin de semana en Pontevedra, cunha calor abafante, tanto o Campionato de España de Triatlón (sábado) coma o Campionato de España de Acuatlón (domingo). O Club Atletismo Porriño estaba representado na categoría cadete feminina por Iria Rodríguez Huertas, e na categoría elite feminina por María Martínez González e en grupos de edad Diego Pereiro Alonso no triatlón e...