Ábrese a inscrición para a VIII Carreira de As Agüiñas
Acabamos de habilitar unha pestana na páxina web, no marxe dereito, para que vos podades anotar á carreira que organizamos tódolos anos no noso club, a Carreira de As Agüiñas.
Será a VIII edición que celebraremos o día 17 de maio (Día das Letras Galegas) nas instalacións do Club Atletismo Porriño, no Polígono de A Granxa (O Porriño), a carón do EKO AMA e o CTAG.
Como ven sendo habitual nesta carreira, primará o carácter estrictamente popular. Non imos realizar unha carreira de moito orzamento, primeiramente porque non podemos, e de segundo, porque non responde á nosa filosofía de club. Estamos na obriga moral de tratar isto como o que é, atletismo popular. Así naceu, e así debemos continuar o proxecto.
A carreira será de balde. Entendemos que non debemos cobrar por correr, e polo tanto, botaremos as horas necesarias enriba disto para que así sexa!. Non vos esperedes unha carreira cronometrada con chip, camiseta na chegada, e todo tipo de detalles. Será unha carreira sobria neste aspecto, o que non quita que sexa unha carreira seria e feita con cariño. Tomaremos nós mesmos os tempos, levaremos a secretaría, e daremos unha botella de auga e si podemos unha peza de froita. Tentaremos coidar todo tipo de detalles, ese é o plan. Sempre o fixemos así, e xs participantes nunca se queixaron, polo tanto, o seguiremos facendo mentras teñamos ganas e forzas.
A xente que se anote a esta carreira e non faga acto de presenza, será descalificada para as posteriores edicións, non puidendo participar na proba nunca máis. Isto é moi doado de controlalo, e polo tanto o aplicaremos sen nengún pudor. O motivo é que despois de sopesar moitas opcións que eviten o desplante de última hora, moi habitual nas carreiras onde non se cobra, decidimos que cada quen debe ser responsable dos seus actos. Pregámosvos que do mesmo xeito que este grupo fai un tremendo esforzo na organización, fagades o mesmo esforzo en planificar a asistencia á proba. De non ser así, e antes de que remate o prazo de inscrición, avisade á organización da non presenza. Entendemos que deixando as inscricións abertas ata o día 14 de maio non debería ser problema.
Por último, pedimos que comentedes e difundades esta carreira entre xs vosxs amigxs, clubs, anpa, colexios, asociacións, etc, para isto, teremos habilitada unha pestana no menú principal da páxina web.
Animádevos a paticipar !.
Info da carreira eiquí.