O domingo 28 de setembro, pola tarde celebrouse entre Goián e Vilanova da Cerveira a oitava edición deste triatlón cross, cun ambente festivo e gran afluencia de público.
Esa mesma mañá celebrouse o campionato de categorías menores onde estivemos moi ben representados por Elsa Pena,Laura Alonso e Carla Guisande, proclamandose ambas campioas galegas nas súas categorías.
Tamén participo Sergio, acadando un 2º posto na categoria cadete.
Respecto á categoría de adultos, máis de cen atletas tomaron a saída polo noso club fomos representados por María Martínez, Javier Rodríguez, Pablo Regueira e Santiago Romero, e tamén competiu David Saavedra, compañeiro de máis de un adestramento.
Na parte da natación deuse a saída desde o propio río Minho, na ribeira de Vilanova, fomos a primeira metade a favor de corrente, e o retorno pegadiños a Galicia coma se a botaramos de menos. María, Javi, David e Pablo sairon da auga con menos dun minuto de diferencia, namentres Santi seguía combatindo fora do seu medio desexando chegar á bici e dar caña.
Nunha transición sen alfombras, e con máis area e terra do acostumado, demonos conta de que estabamos nun triatlón cross. As curvas, as subidas e baixadas curtas se sucedían por todo o percorrido. Dúas caídas dos nosos case os conseguen retrasar, pero Javi (topou cun dobrado) e María erguéronse cuns pequenos rabuñazos, pero con máis folgos para seguir dando pedaladas ata completar as catro voltas.
Volvíamos cara a Vilanova pola ponte para afrontar a derradeira parte que sería a pé pola vila portuguesa, engalanada para a ocasión. Neste momento a carreira deixou de ser cross para se convertir nunha proba de asfalto. Trala transición Javi tivo algúns problemas por un punto que lle deu, pero cedo colleu o ritmo e acadou unha gran 4ª posición de veteráns, a David veíaselle moi cómodo e conseguíu entrar dous minutos despois, Pablo foi de menos a máis e Santi entrou “escarallado dos gemelos”, pero cunha sonrisa na faciana como nos ten acostumados. María entrou 4ª na clasificación xeral e 2ª na galega, sumando un podio máis inda que o día non fora o máis propicio.