III Cross popular do Xamón de A Cañiza
Onte tivo lugar na Cañiza o III Cross popular do Xamón, organizado polo Concello de A Cañiza máis a agrupación Cabaliños do Demo, facendo una labor de nota máxima. A señal de saída deuse as 10:00 da mañán nas inmediacións da piscina municipal, da que poderíamos disfrutar todos os participantes o rematar a proba.
O circuito disputouse sobre una distancia de 14km, na que o terreo era moi variado, proporcionando en todo momento unhas agradables vistas e un entretido disfrute das mesmas, mesturando unha moi boa combinación de monte, asfalto e río, onde non chegarías a meta sen antes pasar por numerosas subidas e baixadas e sobre todo unha merecida molladura polos regatos.
Como non, tamén debemos destacar o avituallamiento final para que os corredores e acompañantes recuperaran forzas, que sen ninguna dúbida foi a parte favorita de moitos. Abundantes pinchos de empanada, xamón e embutidos estaban a disposición destes para que remataran de disfrutar dun día de calor xunto amigos e familia, despois de realizar 14km polos montes de A Cañiza.
O Club Atletismo Porriño puido participar nesta experiencia, sendo representado por: Enrique Morán, quedando 5º da xeral e 2ºsenior; Venancio Paramos, 29º da xeral e 1º na súa categoría de veteranos; Sandra Sobreira, 6ª da xeral feminina e 1ª senior; Iván Reguera, 86º da xeral e 18º senior; Jose Salgueririño, 112º da xeral; Irene Sobreira, 13ª da xeral feminina e 2ª veterana; Isaias Burlido, 162º da xeral (Isaias non o pasou tan ben coma o resto, debido a dificultades técnicas que lle aconteceron no nocello dereito, o que ocasionou un ritmo máis lento); Marcos Fernández, Diego Salgueiriño e Pablo Regueira chegaron un pouco máis atrás que de costume, xa que gustoulles tanto a proba que fixeron dous kilómetros a máis dos oficiales.
Resultados: http://www.cronotec.es/2014/xam14.pdf
Fotos e crónica: