VIII Duatlón Cross Concello de Poio 2014
David Alonso entrando en meta
Fotografía: Eva Duran
Hoxe tocaba despedir o final do circuito de dúatlon cross, despois de catro probas todas elas baixo condicións climaticas moi complicadas, o sol quixo ser espectador da quinta e derradeira proba a disputadar en Samieira (Poio).
A proba de Samieira ten a fama de ser técnica. Malia o sol que acompañou a proba, as choivas desta semana deixaron o circuíto embarrado e complicado, o que quedou reflectido nas continuas caídas que se produxeron no sector da bici.
O gañador da proba foi Marcos Maio quen certificou a súa vitoria no circuíto. Na categoría feminina a gañadora da proba foi Lorena García. O club estivo representado por Enrique Morán, que realizou unha tempada fantástica, conseguindo unha vitoria e entrando no top 10 nas tres probas que participou. David Alonso que debutou co club este ano, tivo unha gran regularidade, acabando as cinco probas do circuíto. E por ultimo José Manuel Rodriguez Caramés, quen nos demostra cada dia que o máis importante é querer facer o que che gusta.
E por suposto non esquecer a Ruben Sío, Abel de Barros, Miguel Fernández, Diego Salgueiriño, Iván Regueira, Santiago Ons (Piru), Felipe Domínguez, Isidro Domínguez, Alberto Domínguez Lemos e José Luis Castro.
Tempada para gardar na memoria do club, pola alta participación e polo podio conseguido en Maside. O vindeiro domingo péchase a tempada de cross coa disputa do Campionato Galego, de onde salirán os campións deste ano.
Seguro que teremos unha boa representación na proba.