XVI EDP Gas MEIA MARATONA MANUELA MACHADO
Co despunte do día desprazaronse o pasado domingo varios integrantes do Atletismo Porriño, alá ata onde o río Lima mesturase cas augas do Atlántico. Alí na fermosa cidade Viana do Castelo e a sombra do templo de Santa Luzia, congregáronse preto de 4.000 runners, para as 10:30 da maña tomar a saída dunha proba a que o bo tempo acompañou durante toda a súa celebración.
A masiva afluencia de corredores, a falla absoluta de previsión dos organizadores ó non adoptar medidas que permitisen unha saída escalonada e as reducidas dimensións da rúa onde se situaba o punto de partida, convertiron o inicio da proba nun autentico caos, que a maiores de penalizar o tempo do crono de moitos atletas, estivo apiques de provocar algún incidente entre os mesmos.
Superados eses difíciles primeiros compases, a proba coñecida entre os populares pola dureza dun percorrido de eses de ida e volta e con numerosas pendentes, transcorría con absoluta normalidade.
Na cabeza desa marea humana que percorría as rúas de Viana, marchaba un reducido grupo de atletas entre os cales se atopaba Alejandro Fernández, o ourensán que se está a iniciar nesta distancia, mantivose na pelexa polos postos que daban dereito a subir o podio ata ben avanzada a proba, acadando finalmente unha meritoria cuarta posicion; finalmente o luso Hermano Ferreira proclamouse vencedor da competición, sendo a segunda e terceira praza para Daniel Pinheiro e Paulo Gomes respectivamente, na categoría feminina a tamén portuguesa Dulce Felix do Sport Lisboa e Benfica acadou a primeira posición.
Entre os compañeiros que se desprazaron a Viana, compre salientar a actuación de Marcos Francés, quen o igual que rezaba a letra daquela famosa cantiga de El Consorcio, foi quen marchar a maior velocidade que aquel Exprés que viaxaba cara a lisboa, e así ó “compás do chaca cha do trén” consegui alcanzar as distinguidas rúas adoquinadas do casco urbán que indican a proximidade dunha meta que logrou cruzar cando o crono marcaba 1 hora e 18 minutos, noraboa Marcos¡¡¡¡
Marcos Francés na liña de chegada
Tamén representaron o Atletismo Porriño, Roberto Alonso Vázquez (1:20:04) Carlos Santos Argibay (1:30:52) Amador Reboreda Grana (oficioso do Club)(1:31:37) Manuel Martinez Fernandez (1:41:41) José Ramón Conde Torres (1:47:09) e Rafael Gutierrez Araujo (1:47:15) por alí tamen se atopaba Isaias Burlido do cal non atopamos cifras oficiais.
Crónica: Roberto Alonso
Fotos: http://www.mmviana.com