Cea de Nadal 2013
O pasado sábado celebramos unha das competicións máis caralludas do ano.
Marchamos de Cea de Nadal!.
Ás 20:45, e previo á proba, estivemos hidratándonos cunhas cañas no Bar 55, comezando así, unha das noites máis esperadas pola xente do Club Atletismo Porriño..
Ás 22:00, xa estábamos entrando no Bar Celtiña. O Bar Celtiña é o noso punto de encontro en canto a celebracións se refire dende hai moitos anos. Esa xente se porta ben connosco durante o ano, e temos que ser suficientemente agradecidos con eles!.
Comezamos pedindo cerveza para xs máis cervecerxs.
Ceamos….
Comezou a espectación para o que é plato máis esperado: A entrega dos Diplomas.
Como sempre, contamos coa colaboración e implicación total de Fonsete na redacción dos diplomas, así como na ceremonia de entrega.
É unha auténtica “Star” do plató.
Fonsete á dereita, achegándose ó plató.
DIPLOMA Á CAMPIOA DA CEA DE NADAL 2012
María Martínez: Atleta, triatleta, nadadora, bailarina incombustible, lianta…. a mellor atleta nocturna.
Entregou: Aurora Sousa. Unha presidenta 10. Persoa fundamental neste proxecto.
DIPLOMA Ó CAMPIÓN DA CEA DE NADAL 2012
Diego Salgueiriño: Atleta, aspirante a triatleta, aspirante a nadador, pouco bailarín. Desconfiade de él. Está sempre na sombra (raza falsa) para atacar no derradeiro “after”….. o mellor atleta nocturno do ano pasado.
Entregou: Manolo, o Ex Secre do club e gran pilar para que este proxecto esté consolidado!
DIPLOMA ÓS MARATONIANOS
Marcos Francés e Pekas: Atletas diesel. Non consumen nada. Veñen de facer un papelazo na maratón de Valencia 2013. Podedes ler eiquí a crónica.
Entregou: Rosana, unha das persoas que ten que soportar a carga de traballo do noso club. Moi agradecidos!
DIPLOMA Á TRAXECTORIA
Venancio: Atleta, “perro vello” e tipo de fiar, exemplo para as nosas xeracións máis novas. Alegrámosnos enormemente que volte tras unha longa lesión.
Entregou: Carlos, o Secre.
DIPLOMA Ó SACRIFICIO
Dani Mouriño: Adestrador, compañeiro, atleta, triatleta, nadador, confesor. Un tipo moi currante que pringou moitísimo máis do que debía, e decidiu adicar parte do seu verán ós adestramentos “trileros”.
Entregou: Begoña Huertas, a nai que pariu a unha das nosas mellores atletas: Iria!.
DIPLOMA ÓS FINISHERS 1/2 IRON MAN 2012-2013
Trileros (triatletas) do Club: Si Dani pringou no verán, foi para que moita xente se preparase para a media distancia Iron Man. Participantes no Avia Man, Tri Caminha e Desafío Illas Cíes.
Entregou: Juan Carlos Vidal, quen nos resguarda os cartos!.
DIPLOMA Á LOITA IRMANDIÑA
Amador, Isaías e Moncho Conde: Grupo Irmandiño do Club. Represéntannos por toda a xeografía galaica. Caracterizados pola ubicuidade, poden representarnos na Terra Chá e en Bergantiños. Uns fenómenos. Faltaba Moncho…para o ano leva unhas ostias.
Entregou: Marga, nai da sección “xóvenes atletas” do club!.
DIPLOMA Á COLABORACIÓN CO CLUB
Alberto Domínguez: Atleta, triatleta, community manager do club e un tipo moi solidario connosco!.
Entregou: Burgos, pai da sección “xóvenes atletas” do club!.
DIPLOMA Á PLUMA DE OURO
Roberto Alonso: Atleta, cronista e persoa cumplidora!. Estreouse este ano como cronista de maneira exemplar. Move a pluma máis rápido que a sombra de Haile Gebrselassie.
Entregou: José Antonio, segundo pilar do club, xunto con Manolo levaron a anterior diretiva. Ex Presi.
DIPLOMA Á IMPLICACIÓN TECNOLÓXICA
Carlos Álvarez: Secretario do Club.
Entregou: Víctor Mouriño (no hai foto dos tres). Un vicepresidente de 10. Persoa fundamental neste proxecto.
DIPLOMA Á IMPLICACIÓN TECNOLÓXICA
Asun, Doris, Iván, Cristal e Ana: Fans fatais e fotógrafos oficiáis do club. Debémoslle moitísimo a esta xente que nos envía fotos das probas para que poidades velas nas crónicas.
Entregaron: Carlitos Vidal e Iago Sobreira. Os “teenagers” do club.
Pousaron: Aurora e Víctor, cúpula do club.
Ó rematar cos Diplomas, empezou a segunda etapa: Licor Café e Crema de Whisky.
Creo que non quedou ninguén por quen brindar!!!.
Puxémonos todas guapas, e partimos a conquistar algún local nocturno.
Tocoulle ó Tubulart (por certo…necesitamos patrocinadores!!!).
Despóis de casi que queimar o local cando sonou o Song2 de Blur, tan só quedaba ir en decadencia cara ás naves.
Tiñamos que ir a atopar o tesouro!.
Arrancamos o chimpín, e marchamos para alí.
Despois de pasar por maratóns, 1/2 iron man´s, aí estábamos atopando o noso tesouro!!!….
Unha bola de cristais iluminada mentras soaba “dos gardenias para tí” en plan remix gañán.
Toda unha experiencia!.
Indescriptible a paisaxe crápula!.
Pois eiquí tendes ós FINISHERS da noite….
Finishers…que non fenómenos.
Para fenómeno xa temos a Josiño, que despois de meterse unha cea, chupitos e cubatas, marchou para a casa correndo….
A súa casa está en Tui.
Agradecementos:
Iván e Cristal por pringar coas fotos.
Graciñas, parella!.
….e ó Bar Celtiña, por suposto.
Para o ano, estaremos de novo por aí.
Graciñas a todxs por todo.
Muac!.
Comisión de Excesos do Club Atletismo Porriño