Cross Escolar do Concello de Mos.

Cross Escolar do Concello de Mos.

 

 

Un ano máis comezou a tempada de campo a través en idade escolar cunha proba disputada a carón do pavillón Óscar Pereiro en Mos. O Club Atletismo Porriño estivo representado por un total de 13 atletas nunha mañá de sábado un tanto fría, pero soleada.

A mañá iniciouse coa proba benxamín feminina na que nos representou Uxía Rodríguez, acadando a 1ª praza da proba. Ademais, nesta proba tamén participou Noa Burgos representando desta volta ao seu colexio e obtendo o 3º posto.

A continuación, a quenda foi dos benxamíns masculinos onde Álex Rodríguez acadou unha meritoria 5ª posición.

De seguido arrancaron as alevíns onde participaron Carla Guisande e Laura Alonso que conseguiron a 3ª e 4ª posición respectivamente.

Os seguintes atletas en participar foron os alevíns masculinos, categoría na que o Atletismo Porriño se proclamou campión por equipos, clasificando aos 5 atletas participantes entre os 9 primeiros da clasificación. O equipo formárono Pablo Almeida (1º posto), Iván Porto (4º posto), Nicolás Mazoy (7º posto), Diego Rodríguez(8º posto), Denís Castro (9º posto).

A seguir, a quenda foi de Laura Mazoy na categoría infantil feminina na que acadou o 3º posto e de Iago López Sousa, 3º tamén na categoría infantil masculina.

Para rematar a competición, David Burgos obtivo a 4ª posición da categoría cadete masculino na que representaba ó seu instituto.

Cerca das 14 horas pechouse una mañá na que os cativos obtiveron moi bos resultados ademais de disfrutar do gran ambiente que sempre se atopa nestas probas.

 

Crónica: Fonsete.

Foto: Fonsete.

Share this post