10 KM XORNADAS MARISQUEIRAS 2013
Fotografía: Serafin
Onte celebrouse no porto pesqueiro do Berbés en Vigo a IV edición da proba popular que durante estes últimos anos vense celebrando dentro do marco das xornadas de promoción dos manxares do noso mar.
Nunha mañá soleada e cunha temperatura optima para a práctica deportiva, 500 atletas tomaban a saída dunha carreira singular polo seu percorrido, o cal transcurriu intigramente polas instalacións do porto pesqueiro, pasando incluso no seu transcurso polo interior das lonxa.
A proba estuvo dominada polo corredor do New Balance Elías Domínguez e Alvaro Fervenza do Afllelou Narón, os cales impuxeron un forte ritmo enzarzándose nun man a man que se decantou nos últimos metros do lado de experimentado corredor do New Balance, o terceiro caixón do podio foi ocupado por José Antonio Ramallo do San Miguel de Marín.
Destacar a notable actuación do noso compañeiro Santiago López Rodriguez quen acadou a 5ª posición da clasificación xeral e o 1º da súa categoría; tamén representaron o noso clube Rafael Gutierrez Araujo e o novo atleta Roberto Alonso Vázquez, que comenza na nosa famila este ano. .
Salientar o bo ambiente e a boa organización dos promotores da carreira.
Agradecemento a Roberto Alonso pola crónica.