Campionato Galego de Categorias Menores 2013, Monforte de Lemos
Elsa Pena campioa Galega de triatlón na categoria benxamín
Fotografía: Alberto Pena
A pasada fin de semana celebrouse na localidade de Monforte de Lemos o Campionato galego de triatlón para categorías menores, no que participaron varios menbros do Club Atletismo-Triatlon Porriño.
Foi a primeira vez que Elsa Pena, a trialeta de A Guarda, representaba ó Club Atletismo-Triatlón Porriño. Participaba na categoria de benxamíns. Esta cativa que comezou connosco na modalidade de triatlón, foi formada na natación no Club Natación Codesal e como atleta no Club Atletismo Tui-Thermalia.
Elsa Pena, chegando a meta na 1ª posicion
Fotografia: Alberto Pena
Nun dia estupendo de sol, sen aire e cunha auga non moi fria, ás 16:00 horas tomaban a saída os máis pequenos e os benxamíns no que participaba Elsa Pena xunto a outros 30 deportistas. Os primeiros metros de nado foron moi complicados o quedar atrapada nun pequeno grupo de nadadores e non poder avanzar o desexado. Ó sair da primeira boia, o grupo foise diluindo, e Elsa puido comezar a situarse para sair da auga en 4ª posicion a 3 segundos do primeiro. Na transicion, foi moi rapida saindo na bici en segunda posición, alcanzando a poucos metros ó primeiro, marchándose en solitario o resto da proba, sacandolle 15 segundos de vantaxe ó primeiro neno.
Parabens para Elsa!!!!
Iago Sobreira no sector da bicicleta
Fotografía: Alberto Pena
Na categoria de cadetes participou Iago Sobreira saindo da agua un pouco rezagado da cabeza de carreira, nos tramos de bici e carreira foi recuperando metros ata alcanzar o undécimo posto
Noraboa ós nosos cativos.