PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN- ALEVÍN
Gran éxito dos nosos cativos no provincial disputado o sábado día 1 de xuño nas pistas de Pontevedra, onde obtivemos 5 medallas para o club, 2 ouros, 2 pratas e 1 bronce.
A primeira proba en disputarse foi salto de lonxitude para a categoría alevín onde Yago López Sousa conseguía acadar a segunda posición e así conseguir a medalla de prata nesta modalidade.
Yago López Sousa 2ª posición en salto.
Tamén participou en salto Diego Rodríguez Rodríguez na categoría benxamin acadando a 7ª praza.
Na distancia de 50 m Laura Alonso González cun tempo de 8,32 ( 2ª ) conseguía a segunda medalla de prata para o club.
Laura Alonso 2ª en 50 m.
A terceira medalla viu da man de Uxía Rodríguez Huertas na proba de 1000 m benxamin feminino cun tempo de 4,10.89
rematando 3ª e conseguindo a medalla de bronce.
Uxía Rodríguez Huertas 3ª en 1000 m.
A distancia de 500 m. foi na que máis atletas tivemos despois de clasificarse nos distintos zonáis que houbo previos ó provincial. Nesta modalidade tanto Yago López ( alevín) cun tempo de 1,27.96 coma Laura Alonso ( benxamín) con 1.40,11 conseguían a primeira posición proclamándose campións provinciáis e acadando os 2 ouros, facendo así o total de 5 medallas.
Laura Alonso e Yago López Sousa nos primeiros postos da súa categoría na distancia de 500 m.
Destacar tamén a participación de Pablo Almeida ( 1,40.78) que rematou 4º quedando ás portas do podio e de Carla Guisande Vieito ( 1,43.50) que conseguiu a 9ª praza en alevín feminino.
Noraboa a todxs polos éxitos acadados e sorte xs que se clasifiquen para o Galego que será a próxima fin de semana en Vilagarcía de Arosa. Dende o Club Atletismo Porriño sentímonos orgullosos da excelente temporada que están a facer estes cativos que son o futuro do club.
Fotografías: Aurora Sousa.