Presentación 1º Triatlon Concello do Porriño 2013
O dia de onte, será recordado por todos os aficionados o triatlon do concello de Porriño por ter ó carón deles o grandísimo Javi Gomez Noya, que unha vez mais demostrou a súa calidade humana.
O domingo proclamouse campión de Europa de Medio distancia en Barcelona e o mércores estivo no concello promocionando o noso primeiro triatlón, as persoas se coñecen polos feitos.
Parabéns o Concello pola gran labor desenvolvida para a celebración de esta proba, e na promoción do triatlon.
O club Atletismo Porriño no 2002, deu luz a un proxecto persoal do adestrador Daniel Mouriño, que impulsou esta modalidade deportiva facendo promoción nos colexios do Concello, conseguindo a primeira camada de pequenos triatletas.
Longo foi o camiño, pero o traballo e constancia e un valor esencial no carácter do triatleta. O sábado toca gozar.