Breve resumo da fin de semana.
Como esta fin de semana foi intensa en canto a trunfos e podios dxs nosxs atletas, facemos un breve resumo.
Santiago López Rodríguez, proclamouse campión da XVI edición da Media Maratón de Vigo.
Enrique Morán, fixo podio (3º posto) no Aviaman disputado en terras Ourensanas.
Tamén en terras ourensanas, Iria Rodríguez Huertas, proclamouse campioa galega no Campionato Galego de Pista AL na modalidade de 600 m, despóis de proclamarse esa mesma mañá campioa galega cadete de milla en Padrón.
Na proba de Padrón, Yago López Sousa proclamouse tamén campión galego dos 1.000 m. en ruta.
Este breve resumo, supón un recoñecemento xs nosxs atletas así como á labor dun corpo técnico (Fonsete e Dani) que están a facer un papel importantísimo de base no noso club xogando con moi poucos medios. Impagable.