XII MILLA PORRIÑESA “FESTAS DO CRISTO 2024”

REGULAMENTO - XII MILLA PORRIÑESA “Festas do Cristo”

O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a XII  Milla PorriñesaFestas do Cristo”, no centro urbano da vila, o sábado 14 de setembro de 2024. O horario de comenzo das probas será as 19:00. A saída e  a chegada serán na Praza do Concello (Praza Antonio Palacios).

1. PARTICIPANTES:

Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo  Porriño.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIOS:

C:\Users\Lalo\Downloads\horarios e categorías milla porriñesa 2024.png

3. PREMIOS E TROFEOS (Os premios son acumulativos.)

CATEGORÍAS MENORES:

  • Trofeos para as tres primeiras corredoras e os tres primeiros corredores das categorías menores. Medallas para o resto dos participantes.

MILLA PORRIÑESA:

  • Trofeos e Bola de Pan do Porriño para as tres primeiras corredoras e para os tres primeiros corredores que crucen a liña de meta.
  • Trofeos para as tres primeiras corredoras e os tres primeiros corredores das subcategorías.

4. INSCRICIÓNS

 A inscrición é totalmente GRATUÍTA. Pódense anotar atletas vía online ata o día 13 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño (www.atletismopor.com) na pestana correspondente á XII Milla Porriñesa Festas do Cristo 2024.

5. VESTIARIOS

Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal do Porriño.

6. RECLAMACIÓNS

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente á persoa responsable da Competición unha vez rematadas as probas.

7. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE E USO DE DATOS PERSOAIS

En virtude do disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), o participante consente e autoriza expresamente a cesión dos seus dereitos de imaxe e o uso dos datos persoais facilitados no momento da inscrición na presente proba. Estes datos poderán ser utilizados pola organización para a xestión da proba, así como para a difusión e promoción de actividades relacionadas coa mesma, incluíndo a publicación de imaxes e resultados en medios de comunicación e redes sociais. O participante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita dirixida á organización.

XII MILLA PORRIÑESA “Festas do Cristo” 2024

INSCRICIÓN - XII MILLA PORRIÑESA “Festas do Cristo”