DUATLÓN ESTRADA DE NOIA 2013
Fotografia: Asun Monroy
Gran debut d@s nos@s atletas o sábado dia 13 no duatlón de estrada disputado en Noia, provincia de A Coruña. A carreira a pé disputouse polo centro do Concello, cun percorrido mixto de asfalto e terra, con moitas viraxes. O sector da bicicleta disputábase a dúas voltas por un circuíto moi esixente onde as subidas eran duras e as baixadas perigosas e onde vento non faltou.
Con este panorama debutaban na competición Carlos Álvarez (secre), Miguel Ángel Gil, Pablo Soto e Iván Regueira, acompañados de María Martinez, Sandra Sobreira, Diego Pereiro, Felipe Domínguez, Kike Morán, Ismael Monroy, Manuel Caramés, Charly e Víctor Fortes.
O papel de todos eles foi magnifico, acadando cada un os seus obxectivos: os principiantes acabaron con ganas de repetir canto antes e os veteráns máis do mesmo.
A nivel individual destacar os magníficos postos de Enrique Moran (6º), Ismael Monroy (11º) e Victor Fortes (28º), que lles valeu para subir o podio por equipos alzándose co 3º posto, todo un éxito para o club.
O podium individual foi para María Martinez 3ª en sub-23.
Volvese a ver o bo facer do adestrador Daniel Mouriño, no noso club.
Parabéns.