III Cross Colexio Monterrey

III Cross Colexio Monterrey

Hoxe domingo 14 de Abril disputouse en Vigo outra proba escolar do calendario Xóvenes Atletas, esta vez organizada polo Colexio Monterrey onde o bo tempo animou os cativos a participar, nun ciruito esixente polas subidas que presentaba.

O club Atletismo Porriño levou a 7 participantes de diferentes categorías.

 

Na foto Xabier Pérez Sousa, Yago López Sousa, David Burgos, Sergio Alonso e Laura Alonso

 

Comezando polos maiores, en Infantil Masculino David Burgos Argibay conseguiu o primeiro podium para o club rematando seguido de Sergio Alonso González que rematou

Na categoría Alevín Masculino Yago López Sousa proclamouse campión da proba, conseguindo así o 2º podium.

A única cativa feminina que participou do club foi Laura Alonso González, que ó rematar tamén 1ª como campiona en Benxamin femenino, acadaba o 3º podium.

A carreira dos peques onde tivemos maior representación, Xabier Pérez Sousa acadou a posición conseguindo así o 4º podium do club,seguido de Álex Rodríguez Lorenzo( 4º) e Iker Diz López ( 11º)

Na carreira de Pais e Nais como non ía ser menos, tamén tivemos representación, onde unha semana máis José Antonio Burgos ( 2º)  e  Aurora Sousa (  5ª) non quixeron perderse a proba onde houbo unha ampla particiación por parte dos pais e nais do Colexio Monterrey.

Share this post