Clasificatorio Duatlon escolar de Nigran 2013
Fotografia: Romina
O sábado deu comezo a tempada de duatlón escolar. A primeira proba celebrouse no polígono Industrial Porto do Molle, no municipio de Nigrán; a segunda celebrarase en Pontevedra e a final provincial a organizara o noso club o 5 de maio no casco urbano de O Porriño.
A primeira proba a disputaron os benxamíns onde o club tiña a Carla Guisande e Laura Alonso no feminino e Nicolás Mazoy, Alex Salgueiriño e Diego Rodríguez no masculino, os resultados foron estupendos en categoría feminina con Carla Guisande 2º e Laura Alonso 3º, e na masculina con Nicolás Mazoy 3º, Diego Rodríguez 4º e Alex Salgueiriño 6º.
A continuación era o quenda dos alevíns, cos seguintes postos: Laura Mazoy 2º e Nicolás Guisande 4º, Yago Lopez 8º.
Na categoría infantil o club fixo un 1º posto na proba feminina con Iria Rodríguez Huertas e tamén na masculina con David Burgos Argibay. Acompañaron na clasificación Zaira Penabella (5ª) e Antía Fernandez (7ª) que a pesar de ter problemas mecánicos en todo o sector da bici, non se deron por vencido rematando a proba.
E a última categoría foi a de cadete, cun novo 1º para Héctor Alvarez.
Xornada de éxito coa clasificación dos 15 cativos que se presentaron. Nora boa a Daniel Mouriño e Alfonso Conde, pola gran labor cos nosos cativos.