Campionato de España de Campo a Través por CC.AA. e Universitario

Campionato de España de Campo a Través por CC.AA. e Universitario

O domingo 17 de marzo de 2013 disputouse en Ávila o Campionato de España de Campo a Través Universitario e o Campionato de España de Campo a Través por CC.AA.

No Campionato Universitario participou, representando á Universidade de Vigo, a atleta do club Sandra Sobreira Otero, facendo unha gran carreira baixo unha intensa choiva, acadando o posto 52. Hai que dicir que o nivel nesta proba foi moi alto, gañando Blanca Fernández por diante de Solange Andreia Pereira, atletas de podio en Campionatos de España de Atletismo.

Sandra Sobreira Otero coa equipación da Universidade de Vigo

No Campionato de España de Campo a Través por CC.AA. participou Iria Rodríguez Huertas coa Selección Galega. O circuito ía enlamándose a medida que avanzaba a mañá, e nunha proba dura e rápida Iria aguantou co grupo cabeceira ata onde puido, finalizando non moi lonxe das gañadoras no posto 13º. Moito mérito ten este posto, o primeiro das galegas, xa que o seu nivel de adestramento a estas alturas da tempada non é moi alto por mor das competicións tan seguidas que ten en diferentes deportes.  Galicia acadou o cuarto posto nas Autonomías.

Iria Rodríguez Huertas coa equipación da selección galega.

Por último, destacar que Uxía Pérez Bugarín, do Club Atletismo Tui-Thermalia foi terceira na categoría xuvenil feminino, porba onde Carmela Cardama foi segunda. Noraboa a todas as atletas polo seu esforzo.

 

Crónica e foto: José Antonio Rodríguez.

 

 

Share this post