XXVIII Maratón Popular de Dena 2013
Fotografía: Asun
Esta mañá celebrouse a XXVIII Maratón Popular de Dena (Meaño). Trátase dunha carreira popular de 8 km con perfil rompe pernas, onde as pendentes son continuas.
Tomaron a saída 160 corredores. En carreira absoluta gañou Luis Calvo Castro do (Arcade Inforhouse), seguido de Daniel De la Torre Allariz ( San Miguel de Marín) e en terceira posición Manuel Vieites Carballo ( Atletismo Cuntis).
O club estivo representado por Ismael Lago Monroy que rematou a carreira en sétima posición e segundo na súa categoría cun tempo de 27:36. Parabéns para o noso atleta-triatleta.