VIII Carreira Xóvenes Atletas O Porriño

VIII Carreira Xóvenes Atletas O Porriño

O domingo celebramos un ano máis a VIII Carreira Xóvenes Atletas de O Porirño. Esta proba se organiza entre os clubs e colexios adscritos á liga que organiza a Asociación Xóvenes Atletas. En todas as probas que organizamos facemos fincapé en que sexan só para cativos (Xóvenes Atletas, Duatlones Escolares, Carreira das Agüiñas) ou ben que ademáis de adultos estean os primeiros preséntes. Trátase dunha das máximas polo que estamos enrolados neste tipo de proxecto, que é o de crear hábitos saudables ós máis cativos así como actuar de xeito socializador entre eles, tentando eliminar o carácter competitivo que normalmente se lle quere dar ó deporte e presentalo como algo máis participativo. Pensamos que dalgún xeito, esta filosofía se traslada tamén ó ambito adulto. Desta forma, convertémonos todos nunha pequena gran familia. Pensamos que calquera proba organizada por nós debe ser unha mostra do que se propón na ensinanza deportiva. Pensamos que hoxe, unha vez máis, voltamos a demostrar un compromiso absoluto con este proceder. Así alí estábamos moitxs compañeirxs e amigos do club ás 08:00 da mañá para comenzar cunha mañá de atletismo para xs máis novxs.

O circuito desenvolvíase polas rúas do centro urbano porriñés. As distancias percorridas ían dende os 100 m. dos pitufxs ata os 3.800 dos cadetes masculinos.

A nosa participación.

Xs nosxs atletas participantes fixeron un gran papel, conseguindo varios podios e trofeos.

Así na primeira proba que se comenzaba ás 10:30 coa participación das benxamíns femininas, Laura Alonso González, conseguía subir ó podio en 2ª posición detrás da gañadora Sofía Fernández Iglesias do Val Miñor. Con Uxía Rodríguez Huertas (5ª) que conseguiu tamén trofeo, Noa Burgos Argibay (8ª) e Laura Mira Juárez (11ª) se completaba a nosa participación nesta categoría.

Laura e Uxía recollendo os premios xunto ás compañeiras.

Chegaban os benxamines masculinos coa participación de dos atletas do noso club. Nicolás Mazoy García lograba subir ó podio tamén en 2ª posición detrás de Sergio Souto Peña do Val Miñor. Álex Salgueiriño, lograba o 6º posto e outro trofeo para o club.

Nicolás Mazoy e Álex Salgueiriño xunto á nosa presidenta Aurora.

Na categoría alevín feminino Laura Mazoy e Carla Vieito lograban a 4ª e 5ª posición nunha proba que gañou Sara Lima Alonso do CEIP Mosteiro Bembrive.

Laura Mazoy á esquerda e Carla Guisande á dereita.

Nos homes,  Yago López Sousa que conseguiu un novo podio (3º) foi seguido de Iván Porto (4º), Pablo Almeida (6º) e Páblo López (7º). O gañador foi Gabriel Canedo do Comesaña.

Yago no 3º posto xunto con Pablo López. Pablo Almeida á esquerda.

Na proba infantil feminina tiñamos unha participante, Zaira Penabella que logrou a posición e trofeo para o club. María Pérez Boente do Comesaña, foi a gañadora.

Zaira xunto co resto de participantes.

Tres novos participantes acudían á proba infantil masculina. David Burgos (6º) e trofeo, Sergio Alonso (8º) e Nicolás Guisande (9º) completaron os 3.000 m. de circuito onde se impuxo Adrián Comesaña do CSCR Beade.

David Burgos (equerda) co oso do club recollendo o premio.

Na categoría cadete feminina non tiñamos ningunha participante. Tan só dúas participantes cubriron o circuito de 3.000 m. onde Laura Soto do Val Miñor impúxose a Laura Fernández do San Miguel de Oia.

As dúas Lauras no podio cadete feminino.

Xa en cadetes masculino, e cubrindo á máxima distancia dos 3.800 m. vimos a Xesús Conde facer un estupendo remate ó “sprint” arrebatándolle o 3º posto a Jesús Caride do Beade en último instante e subindo así ó podio. O gañador foi Lorenzo González do Val Miñor.

Xesús Conde no sprint e no podio.

Na categoría prebenxamín masculino, logramos un doblete no podio de Álex Rodríguez (1º) e Javier Álvarez (2º), un 7º posto de Xabier Pérez (quen participou o día anterior tamén en Padrón) e un 13º posto de Iker Diz.

Álex e Javier no podio.

Nas féminas non tivemos participación. Nesta categoría impúxose Irena Carrera Álvarez do Párroco Don Camilo.

Podio prebenxamín feminino.

Na categoría pitufo tampouco tivemos participación en ambos sexos. Esta proba a gañou Irene Rodríguez do CEIP Mosteiro Bembrive na categoría feminina e Laureano Mariño tamén do CEIP Mosteiro Bembrive na proba masculina.

Finalmente, entre xs atletas participantes, sorteamos tódolos anos unha bicicleta. Nesta ocasión, o premio recaeu a unha atletas do CEIP Mosteiro Bembribe.

 

Atleta gañadora da bicicleta.

Finalmente, queremos agradecer ós nosos estreitos colaboradores en tódalas probas e que unha vez máis brindaron todo o seu apoio: Concellería de Deportes do Concello de O Porriño, Supermercados Froiz, Panadería Erundina, Cocacola.

Agradecemos tamén á Policía Municipal de O Porriño á súa axuda durante toda a proba.

Sen o público estas probas non terían vistosidade, nin animación e todo isto é moito de agradecer… pero a toda a familia do Atletismo Porriño, hoxe tiñamos que darlle un abrazo enorme pola seu compromiso e colaboración. Foi impecable. Sodes moi molóns!

Parte da organización da carreira.

Estas son todas as fotos das probas.

Todas as fotos son de Ruben Huertas, a quen lle agradecemos o seu impagable traballo. Gracias de novo, Rubén.

Os resultados os podedes consultar eiquí.

 

Ata o ano que ven!.

 

 

Share this post