Campionato Galego de 10 km de Ruta en Padrón.

Campionato Galego de 10 km de Ruta en Padrón.

O sábado celebrouse o Campionato Galego  de 10 km de Ruta en Padrón, coincidindo coa XI edición da Carreira Popular de este pobo.

O circuito constaba de dúas voltas a un circuito de 5 km. á beira do río na maior parte do percorrido.

Acudía o noso club cunha participación numerosa e con ganas de facer un bó papel.

Parte da representación do club.

Comenzaron primeiramente as probas para os máis cativos, onde tiñamos a representación de Laura Alonso González e Xabier Pérez Sousa nas categorías Benxamín Feminina e Prebenxamín Masculino. Laura logrou subir ó podio no 2º posto, mentras que Xabier marcou unha moi boa participación.

Laura e Xabier despóis das súas probas previas á carreira absoluta.

Nos adultos, tivemos finalmente unha participación  que non cumpriu ás nosas expectativas, posto que Ismael Lago Monroy que ía con moitas ganas a esta carreira tivo que retirarse. Ademáis, Diego Pereiro que está a facer un papel moi importante nas carreiras que levamos disputadas, tivo que baixar o seu ritmo e rematar trotando por molestias no Sóleo acabando cun tempo de 43:51.

Diego Pereiro no paso por linea de meta.

Cesar Pérez Novás, o primeiro do Club en pasar por meta no posto 45 (19 na categoría veterán A). Fixo unha gran carrera (xa nos ten acostumados) mellorando a súa marca da semana pasada na Interrunning Piñeiro Sport facendo un tempo de 34:14.

O segundo dos nosos representantes en pasar por meta foi Juan Carlos Vidal, quen se queixaba de non ter boas sensacións na carreira igual que Diego Salgueiriño (terceiro do club). Marcaron un tempo de 36:27 e 37:32 respectivamente, un pouco lonxe das súas mellores marcas.

Tres atletas máis baixaron de 40 minutos. Víctor Mouriño (37:38) que esa mesma mañá fixo unha saída en bicicleta e non acusou para nada esta circunstancia facendo unha moi boa marca, ó igual que Alberto Domínguez Lemos (38:47) e Carlos Santos Argibay (39:58).

 

Carlos Santos durante a carreira.

Pasados os 40 minutos facía a entrada por meta Carlos Vázquez Vilar. Pouco despóis Miguel Novoa Rodríguez, quen está a recuperarse dunha lesión na espalda, conseguiu rematar en 41 minutos.

Miguel Novo Regueira e Carlos Álvarez Ávila fixeron unha carreira en compañía marcando un tempo de 43:15. Posteriormente facía a súa chegada Diego Pereiro, que como comentamos tivo problemas musculares.

Moncho Conde, cun tempo de 45:29 remataba a proba reservándose para o día seguinte en A Merca, ó igual que Isaías Burlido quen rematou a máis de 46 minutos.

A nosa alegría nola deu unha vez máis Sandra Sobreira. Aínda que non rematou con moi boas sensacións, subiu unha vez máis ó podio en segundo posto na categoría promesa feminina. Rematou cun tempo de 46:15

Sandra Sobreira pasando por meta na primeira volta.

Agradecementos polas fotografías á Tía de Ismael Lago Monroy.

Share this post