Campionato Galego Cross Cadete, Xuvenil e Cross Curta por equipos
Tal e como vos comentamos estes días, hoxe celebráronse probas do Campionato Galego de Cross no Monte do Gozo en Santiago de Compostela; disputábase o Campionato Galego Individual de Cross Cadete e Xuvenil así como o Campionato Galego de Cross Curto por Equipos.
Respecto do Campionato Galego Individual, na representación cadete feminina, acudía Iria Rodríguez Huertas mentres que na categoría xuvenil masculina o facía Iago Sobreira García.
Comenzaba Iria Rodríguez Huertas a súa carreira de 3.100 m. ás 11:55 h.; acudía como actual campioa desta modalidade na categoría cadete. Despóis de percorrer todo o circuito nun tempo de 13min. e 30seg., Iria dábanos a primeira alegría da mañá proclamándose de novo campioa galega de cross na categoría cadete.
Iago Sobreira, fixo un meritorio 20º posto na clasificación xeral, despóis de percorrer os 6160 m. en 27min e 50seg.
Outra das alegrías da mañá, déunola unha atleta que aínda que non é do noso club, o foi durante toda a súa infancia (a temos sempre presente connosco). Uxía Pérez Bugarín, gran amiga de Iria e atleta do Club Atletismo Tui (o noso club irmán) proclamouse campioa galega xuvenil cun tempo de 17:32 nun circuito de 4.000 m., facendo mellor tempo que a primeira da categoría promesa no mesmo circuito.
Uxía Pérez Bugarín do Atletismo Tui e Iria Rodríguez Huertas do Atletismo Porriño na pasada Carreira Urbana Festas do Cristo 2013.
Fotografía: Rubén Huertas
Por último, disputáronse as carreiras masculina e feminina do Campionato Galego de Cross Curto por Equipos.
No equipo feminino participaban Raja Rizki, María Martínez, Sandra Sobreira, Irene Sobreira, Mónica Pena e Beatriz Bergueiro, sendo as tres últimas debutantes nesta modalidade.
No equipo masculino asistían Santi López, Ismael Lago, Juan Carlos Vidal, Diego Salgueiriño e as nosas últimas fichaxes César Pérez Novás e Diego Paz Sobreira.
A participación feminina, deunos a alegría final. A proba comenzaba ás 13:30h. cubríndose 4.000 m. de circuito. O equipo logrou puntuar no posto 3º (terceiro equipo de Galicia),conseguindo así un pódium ben merecido. Hai que destacar ó gran papel de María Martínez (9ª), Sandra Sobreira (13ª) e Raja Rizki (20ª), ademáis das debutantes nesta modalidade Irene Sobreira, Mónica Pena e Bea Bergueiro.
María Martínez na carreira feminina.
Na participación masculina, o equipo quedou clasificado no posto 6º, cun gran papel de tódolos participantes, destacando a Diego Sobreira no posto 7º da clasificación xeral e 1º na categoría promesa; César Pérez Novás (38º), Ismael Lago Monroy (41º), Juan Carlos Vidal (45º), Santiago López (51º), Diego Salgueiriño (73º) pechaban a participación nunha fría e chuviosa mañá deportiva.
Diego Paz nun momento da carreira masculina.
César Pérez Novás e Ismael Lago Monroy durante a carreira masculina.
Estamos moi contentos, e queremos felicitar a Daniel Mouriño, o noso adestrador que acompañou ó noso equipo e que volveu cunhas moi boas sensacións a nivel do ambiente e do equipo humano que se conforma arredor deste Club. Ademáis Dani, está satisfeito por partida doble;ademáis dos éxitos deste Club, tivo tamén éxitos con Uxía Pérez Bugarín, atleta á que adestra dende que é unha cativa.
Noraboa campioas!.