Novas para a sección de Triatlón/Duatlón na nosa web
Fotografía: Ana Bugarin
Xa levamos un tempo traballando para mellorar a sección de triatlón. Dende o ano pasado, colleu o mando Víctor Mouriño, que leva traballado moitísimo por esta sección e polo Club. De feito, pediunos que abrísemos unha nova pestana na páxina web para poder colgar novas para xs triatletas. De seguro que a partires de hoxe, notaredes máis movemento na sección de Triatlón/Duatlón da nosa web. Dentro de esa sección é onde colgaremos as novas relativas a esta modalidade. Estamos traballando para que as novas de Triatlón tamén queden reflexadas na páxina de inicio. Iso xa é unha cuestión de tempo….