Santiago López Rodríguez, atleta do Club Atletismo Porriño, proclamouse campión da “I Media Maratón Solidaria Zona Aberta 2012” disputada na localidade de Vilagarcía de Arousa o domingo 25 de novembro. Santi realizou practicamente toda a carreira en solitario marcando no crono un estupendo tempo de 1 h:08 min:59 seg. á súa chegada a meta. Subiron ó podio xunto a Santi, Víctor Xosé González Horta e Juan Carlos Casal Pérez do Comesaña Sporting Club e Alejandro Gómez-Arcade que fixeron uns tempos de 1 h:13 min:43 seg. e 1 h:14 min:55 seg. respectivamente.
Alegrámonos moito por Santi, posto que supón un recoñecemento ó seu traballo e esforzo diario. O ten ben merecido. Noraboa Campión!.
Fotografía: Faro de Vigo.