Aviaman 2016
Cediño amanecemos os trileros para cargar os aperos na furgneta do Clube, entre as 6:45 horas e as 7:00 nos citamos no pabillón de Porriño para tal menester. Todos puntuais…bueno, Marcos Francés con problemas de flora intestinal retrasou un pouco a sua aparición.
De Porriño partíamos Victor Mouriño, Migui, Kike Morán, Rubén Sio, Marcos Francés, Cesar Punzón, Javi Gorgo e un servidor, Michi. Ó chegar a Leiro agardabannos Nacho Louriño, Manu Castro, Toni Toucedo e a revelación estrela desta tempada, o gran Santi Romero.
Sin tempo para moitas cousas, e sin percatarnos moito do que facíamos, de repente tiñamos as cousas colocadas na transición, un gorro laranxa na cabeza, neopreno posto e gafas…otiá!! ai que mover un pouco os brazos oh! catro molinillos, dous amagos de estiramento e á auga de cabeza…bueno, non ten duda, pa ser o río Avia non está tan fría!
Bocinazo de saída que casi nos sorprendeu a todos e 1200 metros de natación por diante, sorprendentemente e a pesar do estreito do río, unha das natacións mais limpias que recordo, pronto se formaron grupiños e gradualmente se foi saindo da auga con mais ou menos gloria, pero sin percances…o bo estaba por chegar, a auga no Aviaman non marca apenas diferenzas.
Facemos a transición…Santi outra vez diante miña, pegolle patadiña no cú, vexo sair a Toni, saudo a Sio, chega Migui e arrancamos!o resto xa van por diante, e Marcos Francés atascouse un pouco esta vez.
Primeiro puerto dos 4 en 65 kms., tendido e largo, tentando coller ritmo pásame Migui con Sio a roda, carallo que ben vai Migui este ano!, pouco mais adiante pasame Francés, jajaja o que me dixo!! “Vamos Michi”cun xesto de ponte á roda…sin duda a flora intestinal afectoulle no cerebro, seguino, pero coa vista… ainsss vai coma un foguete e en breve contacta con Migui, Sio e Toni.
Coroamos puerto, baixada rápida, subida de trámite en Avión onde vexo a Migui reparando, pinchou!! Mala sorte. Coroamos pronto, lixeira baixada e comezamos co plato forte, a subida a Xarotos, como custa coller ritmo aquí bufff, as primeiras rampas son de quecemento, pero duras quinincristo!!, de repente chocamos coa rampa do 19% e a partires de ahí, xa non che quedan ganas de vivir ata rematar…que largo e duro se fai este puerto, non me saco un brazado de moscas de riba, dioxxx cajiná, pero tanto cheiro a cadáver??bueno, nas rampas mais duras entreteñome cazando algunas, rara era a vez que non pillaba, pero nada, agardaba que o resto lle foran ó enterro pero aí siguen…me rindo, comerme si queredes, tempo tedes abondo. Outra vez me asalta o mesmo pensamento de tódolos anos,” po ano non lle volvo”, xa!…pasame Migui outra vez, veselle ben, non ai duda.
Por fin coroamos e empezamos a baixar, Migui outra vez pinchado, ten que retirarse, magoa creo que era o seu mellor sector en bici de sempre no Aviaman.
Ultimo puerto pestoso de volta a Leiro, colleme Santi, agarrome como podo á roda, coroamos e lévame como un fojete pola baixada…parecíamos Rossi e Márquez, que medo mamá!!
Transición e comeza a carreira a pé, 14 kms polas marxes do río Avia en 3 voltas, moi chulo o percorrido, non tanto algunas partes do mesmo polo firme cambiante e pedregoso, pero vimos a isto pa sufrir, e tanto que sufrimos todos! Ó paso pola primeira volta vexo a Kike coa mochila as costas…” kike que, terminaches??” “ si fixen 2º”…jopetas, como me alegro, e que envexa, non polo resultado, se non porque xa rematou.
Segunda volta, colleme Manu e imos un par de kms xuntos, el tamén remata xa, recibo ánimos das nosas fotografas e compañeir@s Irene, María, Sandra, Paula,Lucia, Nieves e David Oliveira…moitas grazas por todo!
Vexo cada vez mais frikis TRILEROS do Porriño que remataron e coa cervexa na man…ciao! Quedame unha volta e listo…por fin remato, que alegría!. En xeral todos rematamos, agás Migui por problemas alleos, cousas do azar…por este orde entramos kike Morán, coma un tiro e 2º, mellor parcial de bici e de carreira a pé, casi ná!, Cesar Punzón, carreirón e 1º veterano, Toni Toucedo, outra besta parda, Marcos Francés, que decir son o seu fan, Victor Mouriño, non falla si non afuciña, Javi Gorgo, un cadete pa juvenil, Manu Castro, aproveitou o meu rebufo e saiulle ben jjjjj,Rubén Sio, vai a mais e verémolo no Cies, Michi, el vai indo, Santi Romero, Puto crack, e Nacho Louriño, si non chega a ser polo melindre que lle deu Migui non remata, e PRIMEIROS POR EQUIPOS!!! Orgullo máximo.
Ó remate, comida a cargo da organización nunha carpa a carón do río e intercambio de risas e impresións co resto de compañeiros, triatletas e xente que facemos triatlons.
E como para o ano non lle vou ir, pois iso…vémonos nun ano!!
Crónica: Michi
Fotografías: María Martínez y Irene Sobreira : fotos