II TRAIL DO TREGA. A GUARDA2015

II TRAIL DO TREGA. A GUARDA2015

 

O Domingo 29 de Novembro algúns dos nosos achegáronse ata a Guarda, en concreto ata o monte Sta. Trega para facer o II Trail do Trega, cun total de 18 km. De forma paralela tamén se desenrolaba unha andaina de 10km; contando o trail cuns 200 participantes e a andaina uns 100.  O día amaneceu frío pero despexado e permitiu incluso disfrutar das vistas e a algún ata sacar alguna foto durante a carreira.

IMG-20151130-WA0021
José, Miguel,Pili,Rocío,José Ángel e Mónica

Dende o club foron: Miguel Novoa, Jose Angel, Rocío, Mónica, Isaias, Jose e Alex.

O circuito non deu tregua en case ningunha parte do percorrido, e, cando non eran as subidas eran as baixadas as que deixaban as pernas para o arrastre. Foi, según comentaba Miguel Novoa, todo un profesional dos trails, uns dos mais duros, pero tamén unha carreira moi entretida e bonita, sobre todo polas estupendas vistas do océano en moitos puntos.

IMG-20151130-WA0015
Vistas magníficas

Sáese dende o pabellón da Guarda, subindo monte arriba e bordeando a montaña por camiños de terra, herba, penedos, escaleiras para arriba, escaleiras para abaixo, monte a través… chegando ata o punto máis alto do Trega donde están situadas as antenas (para chegar ata ahí nada de pista, todo colina arriba case a gatas e agarrándote adonde podías para non caer).

IMG-20151130-WA0018
Menos mal que estaba a corda

Despois de dúas horas para algúns e tres horas para outros o último cortafogos a escasos 2 km para meta foi agotador, ó final todo baixada e chegada outra vez ó pabellón.

Chegaron todos a meta, á primeira que temos que nomear é a Rocío que fixo un brillante 2º posto na xeral de mulleres (a 10 segundos da primeira…) nun tempo de 2h20m, nun impresionante 12º posto quedou Alejandro Castro -Alex- cun tempo de 1h54m, Miguel Novoa posto 58 en 2h13m, Jose Angel entrou con Rocío posto 86 en 2h20m (e sacando fotos), Isaias entrou no 187 en 2h59m, Mónica no 190 en 3h04m e Jose que se estrenaba no trail (pero seguro repite) no 196 en 3h09m.

IMG-20151130-WA0014

O sentimento xeral según comentamos ó final é, que é unha carreira que vale a pena facer e seguro que para o ano repetimos. Os callos foron a guinda da proba.

IMG-20151130-WA0013
Miguel,José Ángel,Mónica,Moncho Conde,Pili,Rocío e Isaías

Crónica: Mónica Pena

Fotografías: José Ángel

Share this post