GMTA I Trail Terras de Burón 2015

GMTA I Trail Terras de Burón 2015

O sábado 5 de setembro, fixemos unha quedada Rocío, Ángel máis eu en O Porriño, onde quedamos de costume no verán pa adestrar, a diferencia de que desta vez o fixemos moito máis cedo…

SalidaOs3Fonsagrada
Pablo, Angel e Rocío

7:00 AM Saímos cara A Fonsagrada con calma xa que íamos con tempo de abondo. Unha viaxe entretida de case 3h con algún despiste do persoal de abordo, pero sen maior repercusión, chegar chegamos.

A Saida/Meta atopábase cerca do pavillón deportivo de A Fonsagrada, o pobo sería o punto máis alto do percorrido (965m). A proba constaba de dous trails, un curto e outro longo. O trail longo no que nos íamos aventurar, anunciaba unha distancia de 35.5 km, un desnivel acumulado de 4400m cunha dificultade xeral media-alta e con tramos difíciles e técnicos.

O ceo estaba despexado, facía vento e a sensación era máis ben de frío. Fomos recoller os dorsais e como aínda tiñamos tempo  decidimos comezar a quentar, primeiro cuns cafés.

Agora si, había que descubrir os montes destas terras, armámonos con o material necesario, un pouco de trote e movilidade polos arredores mentras non nos reclamaban na saída.

11:50 AM Control de dorsais e charla técnica. Os tres listos e dispostos na parte de atrás.

12:00 AM Sen máis miramentos dan a saída, o ritmo inicial mentres atravesamos o pobo era máis ben relaxado e no primeiro kilómetro xa entrábamos nos primeiros sendeiros, maiormente era case todo baixar, o ritmo aumentaba e a atención o terreo tamén.

Km 4. Atopámonos correndo detrás dun grupo que se despistara nun cruce, así que tocou cambiar de sentido e volta á carreira, desta vez prestando atención ademáis ás cintas de cor vermello e branco que sinalizaban o percorrido a seguir. Este tipo de erros non se podían repetir.

Comezan as primeiras zoas técnicas: raíces, lousas de pizarra, descensos pronunciados ¡A diversión estaba asegurada!

Procuro non emocionarme demasiado, quedaba moito por diante. Cada un vai asentando no seu ritmo de carreira, volto a cabeza e non vexo a Rocío, de momento tiro algún kilómetro máis xunto a Ángel que non tarda en “abrir gas” e desaparece por diante miña.

Chego ó primeiro avituallamento, pico algo e bebo o posible cargando logo o máximo de auga, mellor asegurar que non sei o que me espera ata o seguinte.

Km 9. Dende aquí era un entrar e saír en pequenas aldeas da zoa onde se vía pouca xente, e algunha ata parecía sorprendida de ver pasar tantos corredores por alí.

Km 17. Saída da última aldea ó paso, e de súpeto doume de conta de que levaba un bo anaco  en solitario, e así foi durante varios kilómetros sen toparme con ninguén máis, so na compaña da fermosa paisaxe ó longo dun val que se elevaba sobre o río Suarna.

Os únicos sons eran os da auga dos regatos, o cantar dos paxaros e as miñas pisadas, unha experiencia sen igual, sobre todo cando se transcorre por lugares descoñecidos.

Boto un ollo ó GPS, aínda non chegara á altitude mínima prevista, a calor e a humidade facíase notar, súdase máis e hai que beber moi de seguido, por veces fágome consciente de todo o descenso acumulado, non podía eganarme a min mesmo, o momento de poñerse a subir chegaría e non iba ser pouca cousa precisamente.

Km 28, comezo a atopar participantes de novo e sen enredar moito detémonos no 4º e último avituallamento, servímonos con moito gusto, algo de fruta e líquido.

Aproximadamente 1km despois, cunha carga muscular nas pernas evidente, preséntaseme un reto extra, vexo rodar a miña botella con 1 litro de agua por un barranco ata que frea contra uns arbustos ¡Non o podo creer! Seguir so con 250 ml da segunda botella non era opción ¡Imos ó rescate! Con coidado de non mandala máis para abaixo, conseguimos recuperar a botella de auga e subir.

Atravesamos o río varias veces, algunhas delas por pontes e a maioría polo mesmo río, onde había que ter coidado de non escorregar sobre as rochas máis pulidas, nalgúns sitios a auga chegaba a dar polas rodillas e aínda que voltabas a correr cos pés mollados agradecíase a refrixeración do tren inferior que xa levaba uns cantos kilómetros feitos.

Km 33. Dende este punto a maior parte do percorrido ata a meta formaba parte dos primeiros kilómetros pero que agora había que subir.

Subindo algo máis de 500m en 4km, procedeu unha combinación de andar e correr, máis do primeiro. Algunha zona a inclinación obrigaba a botar as mans o chan, o esforzo agora era máximo.

Km 35,5. deberíamos estar remantando pero o GPS marcaba 800m de altitude e a meta estaba a 965m, a distancia que quedaba era incerta. Xa sen auga, sensación de fame e de frío, os últimos 2 kilómetros fixéronse longos, poñemos o cortaventos e parriba sen deterse. Pisamos algo de asfalto e ó pouco facemos a última costa que da ó pobo da Fonsagrada. Último kilómetro, algún que outro ánimo da xente axudaba a manterse correndo, pasamos polo “speaker” que animaba os últimos metros e ¡Meta!

Finalmente resultan uns 38Km de carreira, persoalmente satisfeito co meu tempo e Rocío na súa categoría queda a un posto do podio!

Ámbolos 3 aventureiros unha vez rematada a proba coincidimos en que foi unha loucura, que fora unha carreira moi dura, pero tamén que non ía ser a última …

33 M               5:32:36            Jose Angel Alvarez Alonso    20

38 M               5:36:05            Pablo Reguera Ferreira           24

7   F                6:19:42            Rocio Blanco Carrera             4

Crónica : Pablo Reguera

Fotografía: Pablo Reguera

Share this post