Campionato de España de Duatlón. Soria 2015.
O pasado día 11 de abril tivo lugar na cidade castelá de Soria o Campionato de España de duatlón élite onde o Club Atletismo Porriño fixo historia ca representación de Brais Misa García.
O noso compañeiro, tras clasificarse o pasado mes de marzo na proba asturiana de Morcín, acudía a cita nacional tentando facelo o mellor posible.
A proba sería a última dun longo día de carreiras. Froito da regular organización, as probas comezaron a retrasarse e sendo a elite masculina a última do día acumulouse un retraso de 50 minutos.
Finalmente as 19:25 dábase a saída a elite masculina onde os 100 mellores duatletas do panorama nacional dábanse cita para demostrar a súa valía.
O percorrido totalmente urbano, discorreu pola céntrica alameda de Cervantes de Soria, sobre un segmento de 5000 metros nun circuíto moi revirado, estreito e onde o público estaba a escasos centímetros dos corredores. O ritmo foi frenético dende o inicio e Brais tentouse manter nas posicións máis dianteiras co fin de coller un bo grupo de bici. O paso da primeira volta marchaba no grupo do posto 20 ao 30, sen embargo a segunda volta perdeu algo de gas e entrou na transición no posto 58 a 1’20 da cabeza da proba.
Xa no segmento ciclista, o noso compañeiro recuperou posicións ata chegar ao segundo grupo onde se mantería todo o segmento de ciclismo nun exixente circuíto.
Xa na última carreira a pe, as sensacións non foron as mellores e conseguiu defenderse o mellor posible entrando en meta no posto 41.
Un gran experiencia na que se cometeron erros de novato pero onde os pequenos detalles aprendidos para próximas citas, son o que conta. Ademais de vivir unha moi boa experiencia a nivel deportivo.
Fotografía: Brais Misa