Nada e Corre 2015
Este programa invernal, promovido polos técnicos, está adicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Lugo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final galega, para a que se clasifican os catro mellores por categoría e sexo de cada zonal.
As distancias a realizar dependen das categorias:
O día 8 de febreiro celebrouse en Vigo o clasificatorio para a final do Nada e Corre de 2015 onde estivemos representando o club Carla máis eu na categoria alevín e na que conseguimos quedar entre as catro primeiras, pasando directamente á final.
O 21 de Marzo tivo lugar a final do Nada e Corre nas instalacions do centro de alto rendimento de Pontevedra, onde Carla Guisande quedou en 9ª posición, facéndoo xenial, tendo en conta ademáis, que leba pouco tempo nadando.
Eu logrei o 1º posto mellorando temen as miñas marcas.
Ademáis pasámolo moi ben, tanto competindo como despois xogando coas demáis compañeiras doutros clubs.
Crónica: Elsa Pena
Fotografía: Alberto