X Carreira Xóvenes Atletas 2015

X Carreira Xóvenes Atletas 2015

O pasado domingo 1 de marzo dende as 10:00 h da mañá, o Club Atletismo Porriño organizou a décima edición da popular Carreira Xóvenes Atletas

Con grande esforzo e adicación, e grazas á colaboración dos membros do club, atletas, pais e entidades públicas e privadas desta localidade, o Club Atletismo Porriño sacou cara adiante este magnífico evento deportivo.

Dende o Club queremos agradecer o Concello de O Porriño, ós organismos públicos e ós patocinadores privados, a sua inestimable colaboración coa organización de esta proba.

PANCARTA (Custom)A proba, ten un carácter popular e unha clara vontade de promoción do deporte, particularmente do atletismo. Disciplina que fomenta unha chea de valores humans e deportivos, ademáis duns hábitos saudables e boas costumes de convivencia, que favorecen o desenvolvemento dos cativos.

A proba desenvolveuse nun ambente festivo e familiar. As carreiras, estiveron abertas a tódolos rapaces e rapazas que quixeron disfrutar do atletismo. A pesares do día de choiva, a asistencia do público foi numerosa, e a participación de nenas e nenos reuniu en tódalas categorías máis de 230 participantes.

DSC_5542

Para algúns, esta sería a súa toma de contacto coas carreiras, e para outros, que xa forman parte da familia atlética, outra ocasión para disfrutar correndo e para competir. En calquera caso, só o feito de mirar as facianas dos cativos, os nervos e a emoción na liña de saída, o entusiasmo e o esforzó na carreira e sobre todo a delicia coa que cruzan a meta, é motivo máis que suficiente para sentirse orgullosos e satisfeitos coa organización da proba.

Terminada esta décima edición, xa estamos preparando a do próximo ano, na que vos esperamos ver de novo…

Crónica: Marcos Frances. (Actualizada polo Club Atletismo Porriño 18/03/2015 9:54h)

Fotografías: Safardatxo

Share this post