II MEMORIAL LUIS MIGUEL FIGUEIRO ROMAY “Lú” 2015
Onte tivo lugar a segunda edición do Luatlón na localidade de O Grove. Ata alí desprezáronse catro trileiros.
A mañá estivo chea de diferentes competicións , con andaina, duatlóns en diferentes distancias e categorías.
A primeira en tomar a saída foi Irene Sobreira, que este ano tamén se apunta ao mundo do tríatlon. Destacar o bo papel que fixo xa que no seu debut marcou os mellores parciais na carreira a pé, aínda que na bici perdería posicións será unha revelación este ano.
Entorno ás 12:45 horas tomaban a saída Ismael Lago, Miguel Fernández e Brais Misa na última das probas da mañá.
A proba transcorreu sobre un percorrido totalmente urbano onde a dificultade puxérona o tempo con choiva e vento e nalgúns momentos os dobrados.
Sen embargo, os nosos trileiros mantivéronse sempre en postos cabeceiros onde Brais Misa colleu a escapada boa na bici e despois dunha boa transición e xestionando a vantaxe puido lograr a vitoria.
Xusto por detrás entraba Isma Lago que tras unha carreira moi ben plantexada logrou subir ao terceiro caixón do podio nun final apertado.
Mención especial a Miguel Fernández que despois de participar no día de antes no Cross de Ribadavia atrevíase a facer este duatlón, rematando entre os 65 primeiros.
Destacar o carácter benéfico da proba, onde o ambiente era espectacular.
Crónica: Brais Misa
Fotografías: Correr en Galicia