56 GP Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo) de Vigo
O domingo 21 de decembro celebrouse en Vigo o 56 GP PEDESTRE DO NADAL (Carreira do Pavo) , nunha mañá soleada .
A nosa participación non foi moi abundante, pero os que foron fixéronse notar. Nas categorias menores, participaron na carreira de alevín feminino, Laura Alonso González e Uxia Rodríguez Huertas quedando primeira e cuarta respectivamente.
Na carreira absoluta na que venceron Ester Navarrete (At. Femenino Celta) e Akka Essadaaoui(Dare2be CCPedro Nimo), a nosa participación, destacada polo 3º posto xunior masculino de Iago Sobreira García, completouse cos seguintes postos:
3º (JUN M) – Iago Sobreira Garcia.
11º (SEN M) – Ismael Lago Monroy.
10º (VB M) – Marcos Frances Gómez
10º (VB F) – Irene Sobreira Castro.
Agora toca facer acto de presenza nas distintas San Silvestres que se celebran en torno á nosa comarca antes de despedir o ano!.
Cónica e foto: Toni Alonso e Atletismo Porriño